Mulleres bravas da nosa historia: Pepa a loba / Ledicia Costas - Coruña :Urco ,2018 - 36 :il ;21*21cm

Xela é unha nena que ten moi claro o que quere ser de maior: bandoleira. A pesar de que á súa nai non lle chista nadiña esta idea, para a rapaza non hai nada mellor no mundo que sentar a carón da avoa e escoitar, unha e outra vez, historias sobre a nosa bandoleira, sobre Pepa a Loba, a muller afouta que a pesar de todos os obstáculos que a vida lle puxo diante, conseguiu ser a capitá dunha gavela de homes e axudar a quen o precisaba. Xela nunca ten suficiente, sempre quere saber máis. E vós, queredes saber quen foi Pepa a Loba?

9788494875595

0.87.5

Coa tecnoloxía Koha