La química de lo bello : Un relato científico sobre el arte y las bellezas cotidianas / Deborah García Bello
por García Bello, Deborah (1984-) [autor/a]
.
Tipo: 




O barrio onde medramos, o graznido das gaivotas, o ceo rosicler que anticipa un día de sol, o cheiro dos libros vellos, as fotos en branco e negro dos avós, o mar, as revistas de moda dos sesenta, as flores urbanas ou un pupitre con nomes gravados... Todas elas belezas cotiás que a miúdo pasan desapercibidas.
Deborah García Bello, química e divulgadora galardoada, convídanos a gozar do asombro por estas belezas cotiás e a saborear con acougo as belezas extraordinarias. Desde a felicidade dun día corrente ata a fascinación por unha obra de arte, a autora descóbrenos unha orixinal investigación na que a arte se comunica connosco a través dos seus materiais. Porque saber de química é como andar pola vida cuns ollos que miran a escala atómica. Todo o belo, o bo e o verdadeiro vese máis nítido a través do coñecemento científico.
Descubriremos o mundo dentro do mundo, o belo dentro do belo, nun relato costumista onde a narrativa mestúrase coa divulgación científica, que baixa a ciencia e a arte das súas torres de marfil, e que nos revela que o máis cegador atópase na cotiandade da nosa contorna.
1º-2º BAC