Morgún : lobo máxico / Suso de Toro
por Toro, Suso de [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Fóra de xogo ;70.Editor: Vigo :Edicións Xerais de Galicia ,2003 Edición: 1ª ed.Descrición: 158 p ;21cm.ISBN: 978-84-9914-372-9.Materia(s): Fantasía | Maxia | LendasRecursos en liña: Faga clic para acceso en liñaTipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CPI de Cruz do Sar Sala préstamo | 82-NG TOR mor | 1 | Dispoñible | U-10 | AMARELA (a partir de 12) | CEH027000009587 |
|
Premio Lecturas Galix, 2005
A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: "o que morreu con traizón volverá polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo". Morgún -aquel meniño aparecido na Lagoa onde moran as señoras da maxia e preto da Laxe do sol e da lúa, a pedra onde están escritos todos os destinos dos vivos- será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán. Esta novela épica de Suso de Toro ten por narrador a Dous Corvos, un guerreiro que narra o acontecido a Morgún, a quen el chama Lobo Máxico, un heroe celta que foi atopado cando meniño cun ollo de cada cor e cunha manda de lobos protexéndoo. A súa é unha historia chea de sangue, de feitos grandes e portentosos, de loitas, de terríbeis desgracias e de maxia. "Morgún" é un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e destinos de heroes e semideuses. Unha narración que fusiona o relato de aventuras cos dramas shakesperianos e coas traxedias gregas. Unha novela de espada, maxia e bruxería chamada a converterse nun clásico popular da nosa narrativa.
1º-2º BAC