Camiños na auga / Manuel Núñez Singala
por Núñez Singala, Manuel [autor/a].
Tipo: LibroSeries: ( Literaria ; 343.Editor: Vigo : Galaxia , 2016 Edición: 1ª ed., 6ª impr.Descrición: 296 p. ; 21 cm.ISBN: 9788498656848.Materia(s): Migración | Superación | Valores | África -- NovelasRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: O protagonista da novela, chamado Szymo, queda descrito pola letra dunha canción que el mesmo escoita por casualidade e na que se acaba por recoñecer: "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos iguais? Esa é a pregunta sobre a que se artella unha historia que intenta reformular a ficción da"diferenza"contrapoñéndoa á igualdade proclamada nos inicios da Idade Moderna pola Ilustración e a Revolución Francesa (a Europa actual). Núñez Singala escribe unha novela de iniciación situada na África poscolonial: a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática, é o motivo que se desenvolve e mediante o cal o autor expón unha versión posmoderna da subxectividade, exemplificándoa nun caso de ambigüidade extrema, o dun individuo Szymo cuxa identidade contradí as súas características físicas.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CPI de Cruz do Sar Sala préstamo | 82N-G NUÑ cam | Dispoñible | u-8 Sección: AMARELA (a partir de 12) | CEH027000016309 |
|
O protagonista da novela, chamado Szymo, queda descrito pola letra dunha canción que el mesmo escoita por casualidade e na que se acaba por recoñecer:
"Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos iguais? Esa é a pregunta sobre a que se artella unha historia que intenta reformular a ficción da"diferenza"contrapoñéndoa á igualdade proclamada nos inicios da Idade Moderna pola Ilustración e a Revolución Francesa (a Europa actual). Núñez Singala escribe unha novela de iniciación situada na África poscolonial: a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática, é o motivo que se desenvolve e mediante o cal o autor expón unha versión posmoderna da subxectividade, exemplificándoa nun caso de ambigüidade extrema, o dun individuo Szymo cuxa identidade contradí as súas características físicas.
Adultos/as